Mulleres investigadoras reivindican unha ciencia inclusiva para avanzar

As disparidades de xénero persisten nos niveis máis altos de investigación. Só 9% das persoas inventoras son mulleres e só 30% ocupan postos de relevancia á fronte de proxectos ou grupos de investigación. Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 'Nós Diario' conversa con cinco investigadoras galegas líderes en produción científica e divulgación. Como mulleres de ciencia reclaman maior visibilidade e poder de decisión; cambios estruturais para unha igualdade plena.