O Celta leva varios anos vendendo un bo xogador cada verán para poder axustar as súas contas. En 2026 volverá facelo, pero a boa nova para o equipo celeste é que o cadro ten cada vez máis valor. En menos de dous anos, a taxación dos xogadores pasou de 80 a 147 millóns de euros. E todo grazas a Claudio Giráldez.