A Consellería de Educación asinou con CC.OO., ANPE, UXT e CSIF unha addenda que suprime a esixencia de presentarse ás oposicións ás persoas interinas e substitutas para manter a posición nas listas e substitúe os chamamentos telefónicos por unha aplicación informática. A CIG-Ensino, que apoia as melloras, considera o acordo “unha oportunidade perdida” e critica a falta de negociación real.