Semente abre as súas xornadas de portas abertas en febreiro e inicia o prazo de inscrición o 1 de marzo

A rede de Escolas de Ensino Galego Semente, iniciativa educativa popular que promove un modelo renovador e laico, organiza durante este mes xornadas informativas nos seus centros de Compostela, A Coruña, Lugo, Trasancos e Vigo baixo o lema “É tempo de sementar, cos pés na Terra”.