A borrasca Nils deixa máis de 300 incidencias en Galiza, un cento delas en estradas
Os servizos de emerxencias rexistraron máis de 300 incidencias relacionadas co temporal, principalmente pola caída de árbores e pólas nas vías de circulación, nunha xornada marcada polas alertas laranxa por vento, choiva e temporal costeiro.