A Fundación Laxeiro foi o escenario esta tarde da inauguración do proxecto no que o artista Manuel Sendón retoma o seu traballo de fotografado de espantallos do rural galego baixo unha nova ollada. Nesta ocasión, o fotógrafo seleccionou tres dos múltiples espantallos fotografados por el durante unha década, presentándoos en tres series de imaxes en formato de secuencia. O artista introduce así o factor temporal e, con el, convida ao público a unha contemplación con certa narratividade, na que se pode ver a evolución a través do tempo dos tres espantallos convertidos en personaxes.