O fotógrafo Manuel Sendón retoma o seu interese polo motivo dos espantallos
O fotógrafo Manuel Sendón inaugurou este mércores na Fundación Laxeiro unha mostra na que recupera o retrato desta figura emblemática do rural galego. O público poderá visitar a exposición en Vigo até o vindeiro 10 de maio.