Na Galiza teñen lugar máis de 175 Entroidos tradicionais, documentados en máis de 200 localidades do país. Cada un deles conta cun personaxe –ou varios– que, coas súas indumentarias, centran a atención e pasan a ser protagonistas da celebración. Na Guía Ilustrada do Entroido Galego (Xerais, 2025), unha obra escrita por Alba de Evan e Xabier Dominguez con ilustracións de Iria Prol, recollen este dato e afondan no nome que en cada lugar teñen as diferentes partes da indumentaria.