Morre o escritor e académico Xesús Alonso Montero aos 97 anos

O mundo da cultura e as letras galegas está de loito. O escritor, ensaísta, filólogo, historiador e académico Xesús Alonso Montero (Vigo, 28 de noviembre de 1928) faleceu este xoves na mesma cidade onde naceu hai 97 anos. O tamén profesor exerceu como presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017, sucedendo ao tamén vigués Xosé Luís Méndez Ferrín.