A CIG-Ensino denuncia unha "nova oportunidade perdida para mellorar os dereitos do persoal docente interino e substituto"

Na Mesa Sectorial a CIG-Ensino reclamou unha cláusula de estabilidade para o persoal interino con máis antigüidade e que se cumpra o pagamento do verán ao persoal substituto con máis de 5 meses e medio traballados, rexeitando o sistema de penalizacións que vai introducir a Consellaría xunto á nova aplicación informática de adxudicación das substitución.