Adeus a Xesús Alonso Montero: un referente da defensa do galego

As reaccións á morte de Xesús Alonso Montero non se fixeron agardar. Tras coñecerse o seu pasamento, sucédense as valoracións sobre unha figura clave da cultura e da sociedade galega. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que “a cultura e a intelectualidade galegas perden un dos pensadores máis relevantes da Galicia contemporánea. Por sorte, queda para sempre a súa ampla e valiosa obra”.