A oposición acusa a Xunta de ocultar o Castelao político: o 'Ano Castelao' foi unha "oportunidade perdida"

Dous días despois de que o o PP rexeitase no Parlamento galego a iniciativa lexislativa popular (ILP) promovida por Galiza Cultura e Vía Galega para garantir o dereito ao coñecemento da obra de Castelao, o Goberno galego declarou "cumpridos" os obxectivos do 'Ano Castelao', unha conmemoración que a oposición cualificou de "oportunidade perdida".