Adeus a un grande orador cun compromiso firme pola lingua e a cultura galegas

Os profesores e estudosos Camiño Noia, Xosé Ramón Pena e Malores Villanueva recalcan que Xesús Alonso Montero era un home cun compromiso «firme» coa cultura e o dioma galegos. Tamén resaltan que foi un grande estudoso e divulgador ademais de excelente orador. Malores Villanueva subliña de Alonso Montero: «El fixo moito por este país. Esa é a súa obra inmaterial». Pola súa parte, Moncho Pena recalca que «foi unha das persoas máis comprometidas con este país». No caso de Camiño Noia, destaca «a súa oratoria; encandilaba falando».