Ismael Martínez, adestrador do BM O Porriño: "Aquí vivín un soño, sobre todo nos últimos anos, pero había que fechar esta etapa"

A pasada terza feira Ismael Martínez (Cangas, 1983) anunciaba o fin dunha etapa de case dúas décadas vinculado ao BM O Porriño e sete anos á fronte do primeiro equipo feminino. En xuño deixará un banco desde o que viu evolucionar o equipo até chegar ao máis alto nivel a nivel estatal e continental.