Cando a Candeloria e o San Brais, que supoñen a cristianización de ritos pagáns en relación cos Catro Elementos (terra, auga, lume e aire, aos que o ser humano trata de domesticar creando cultura), a natureza estoupa en cores, volven as bandadas de paxariños, algúns animais espertan do seu letargo invernal. Proba de que entramos na corentena do Entroido, entón as parroquias, como as antigas tribos, e máis a mocidade compiten na creatividade e na rexouba.