A indumentaria do Entroido: unha viaxe polas pezas protagonistas da festa

Na Galiza teñen lugar máis de 175 Entroidos tradicionais, documentados en máis de 200 localidades do país. Cada un deles conta cun personaxe –ou varios– que, coas súas indumentarias, centran a atención e pasan a ser protagonistas da celebración. Na Guía Ilustrada do Entroido Galego (Xerais, 2025), unha obra escrita por Alba de Evan e Xabier Dominguez con ilustracións de Iria Prol, recollen este dato e afondan no nome que en cada lugar teñen as diferentes partes da indumentaria.