O BNG advirte de que a Xunta "pretende eliminar" as comarcas e as parroquias e critica a "decepcionante" Lei de Administración

"Para o BNG o anteproxecto está feito cun espírito recentralizador, españolista e continuista e non vai servir para resolver os problemas que temos nos concellos, que son a concreción das competencias e o aumento do financiamento", censurou Óscar Insua.