Ángeles Huerta: «Narrar a perda do fillo de Castelao e Virxinia conectoume co dó que eu vivía pola miña nai»

Na historia dos Premios Mestre Mateo, as películas con máis galardóns logrados arestora (13 cada unha) foron «Dhogs», de Andrés Goteira; e «Antes de Nós», de Ángeles Huerta. O mérito desta última é dobre ao conseguir máis distincións que a película que optou por España aos Óscar este ano, «Sirat», do lucense Oliver Laxe.