Convocado  o Concurso Literario Xaime Illa Couto
Faro de Vigo

Convocado o Concurso Literario Xaime Illa Couto

O Concello de Poio e a SCD Raxó, en colaboración co Consello Municipal de Cultura, poñen en marcha unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto nas modalidades de relato curto ou conto e poesía. O prazo rematará o xoves 30 de abril ás 14.00 horas. Cada participante poderá presentar un único traballo por categoría, utilizando a lingua galega e con temática libre. Os menores de 17 anos terán que estar empadroados no concello de Poio ou matriculados nalgún dos seus centros educativos. No caso dos maiores de 18, a participación non terá limitación xeográfica.

Go to News Site