Faro de Vigo
Un estrelampo é ese breve espazo de tempo que nos dá a chuvia cando cae con furia, neses días que semella que o sol non vai volver saír xamais. É un momento de alento, case de paz inusitada. Manuel Rivas foi primeira persoa á quen lle escoitei a (fermosísima) palabra estrelampo. Úsaa con esa habilidade tan insólita que posúe de introducir a poética na vida cotiá. Desde a miña humilde condición de neofalante –coas dificultades que iso implica, cos vicios adquiridos e polo feito de ser unha persoa que medrou nunha familia castelán falante– detéñome neste feito tan valioso que é a descuberta e o coidado da palabra.
Go to News Site