Faro de Vigo
A figura do noso ilustre veciño Xosé Neira Vilas parece estar entre os candidatos a ser a figura homenaxeada o Día das Letras Galegas de 2027, nominación que fará a Real Academia Galega nos vindeiros días. Sobran motivos para que Pepe, natural da parroquia de Gres que emigrou a Bos Aires con 20 anos, sexa elevado a esta honra literaria e social. Na capital arxentina, en 1961, saíu do prelo a súa obra mestra, Memorias dun neno labrego, publicada por Follas Novas, empresa fundada por el mesmo e súa muller, Anisia Miranda. Esta editorial, de nome tan rosaliano, foi distribuidora dos libros galegos para todo o mundo dacabalo entre os anos cincuenta e sesenta, «tempos tan difíciles para a causa do espallamento da literatura galega», tal como escribiu Xesús Alonso Montero.
Go to News Site