Faro de Vigo
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de anunciar que rexistrará formalmente este martes a solicitude para convocar o Debate sobre o Estado da Cidade. A formación nacionalista reclama a celebración dun pleno monográfico no que se analice a situación municipal e no que o alcalde, Abel Caballero, someta a súa xestión ao contraste dos grupos da corporación. O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, defendeu que este debate «non é un favor que o alcalde lle poida facer ou non á oposición», senón «unha obriga democrática e unha oportunidade para fortalecer a calidade da vida pública». Ao seu xuízo, debe ser «un espazo para que a cidade se mire ao espello, para avaliarmos o que funciona, o que non funciona e o que cómpre corrixir».
Go to News Site