Faro de Vigo
O cineasta coruñés Alberte Pagán -considerado un dos pais do cinema experimental galego- está a ultimar o seu novo filme ao redor da actividade da anterior Flotilla da Liberdade. O vindeiro 26 de xuño, porén, visitará os cinemas Numax de Compostela para ás 19.50 horas proxectar "BS.AS." e manter despois un coloquio ao redor desta película documental. O fin do acto é celebrar os 20 anos desta obra coa que gañou o premio Román Gubern e que versa sobre a emigración galega a Bos Aires. Pagán, ademais, viaxa esta semana a Dublín para proxectar unha selección das súas obras. Faino sen descanso. Aínda se está a recuperar da malleira recibida por parte de membros do Exército de Israel. El foi un dos galegos que participaron na Freedom Flotilla.
Go to News Site