Collector
Giriş Yap
"O servizo público é estar para a xente, mesmo nos días máis difíciles" | Collector

"O servizo público é estar para a xente, mesmo nos días máis difíciles"

Despois de 42 anos e medio de servizo no Concello da Estrada, este funcionario pecha unha longa etapa profesional marcada pola atención ao público, o Rexistro municipal e máis de dúas décadas de impulso de iniciativas culturais e deportivas. Entrou en 1984, cando se traballaba con máquinas de escribir e expedientes en papel. Coñeceu sete alcaldes e desenvolveu o seu labor principalmente no Rexistro, contribuíndo tamén ás áreas de Cultura e Deportes. Apaixonado dos deportes e da música. Quen o coñeza un pouco sabe que é unha auténtica “enciclopedia musical” e que lle encantan os concertos en vivo dos que seguro, perdeu a conta. Este venres despedirase cun xantar entre compañeiros e amizades

Go to News Site