Nós Diario
A Comisión Interuniversitaria da Galiza (CIUG) flexibilizará a corrección da polémica pregunta sobre socialismo e anarquismo do exame de Historia da PAU. O alumnado poderá obter a máxima puntuación da cuestión aínda que non realizase unha comparación directa entre ambas as correntes ideolóxicas, sempre que demostrase coñecementos suficientes sobre os dous movementos. A modificación prodúcese despois dos erros detectados por alumnado e profesorado durante a realización da proba.
Go to News Site