Nós Diario
César Morán (Toural dos Vaos, O Bierzo, 1954) dedicou toda a súa vida á musica malia que profesionalmente estivo vencellado ao ensino. Probou a ser cantautor após vivir os anos máis intensos da Universidade de Santiago (USC) cando o ditador Francisco Franco seguía no poder. Estes meses vive intensamente a presentación do seu último libro, O eco das ondas (Medulia Editorial, 2026), e a gravación dun novo traballo discográfico que pensa sacar este mesmo ano. Ademais, o documental Todo pode esperar (Borja Casal, 2026) pon imaxes estes días á súa vida.
Go to News Site