Nós Diario
Por diversas circunstancias, o achegamento do ourensán Ramón Otero Pedraio (1888-1976) ás Irmandades da Fala resultou un proceso serodio e mesmo dificultoso, mais a experiencia marcou para sempre o seu perfil como intelectual e definiu con nitidez os seus compromisos e actividades posteriores como figura pública comprometida coa causa dunha Galiza auto-afirmada. Desa militancia irmandiña súa deriváronse, alén dun nó de amizades insubornábeis e a súa posterior pertenza ao Partido Galeguista, o desencadeamento torrencial dunha obra escrita tan magnífica como prolífica e a participación destacada na máis importante institución científico-cultural galega anterior ao tráxico trebón do 36, non por acaso vítima do mesmo: o Seminario de Estudos Galegos (S.E.G.).
Go to News Site