Faro de Vigo
Dous meses de espectáculos de teatro afeccionado, cada semana, cunha ducia de grupos participantes son características que fan único ao Citeamor, que hoxe abre o telón no Auditorio Municipal Pazos Varela, de Cangas, co pregón inaugural da autora Rosa E.Gantes (20.00 h.) para dar paso a Ocupando Espazos, con «VOZ (k)AVIL». Será a primeira das dez representacións programadas neste ciclo que organiza a Asociación Cultural A Cepa coa colaboración do Concello de Cangas e aportación económica da Deputación, que se fai cargo do custe de tres das representacións (Mulleres de Moaña, Teatro de Aras e Charaviscas).
Go to News Site