Faro de Vigo
Un ollo, un coitelo e tres sombras. Podería ser un mantra pero é unha das referencias que se repiten na última novela da escritora galega Arantza Portabales, «Asasinato no muíño do cura», que este xoves chega ás librarías en galego (Galaxia) e en castelán (Lumen). A exinspectora Iria Santaclara é de novo protagonista na investigación de varios sucesos que a levarán xunto ao inspector xubilado César Araújo ao pobo de Loeiro. Nesta volta, unha muller de preto de 50 anos, Alba, aparece na vila na busca de respostas ao seu pasado. Atención, porque o corazón bombeará entre o medo e a desazón ata a última páxina.
Go to News Site