Nós Diario
Ramón Otero Pedraio foi unha das figuras de maior relevancia na historia do nacionalismo galego, particularmente nos anos 20 e 30 do pasado século. Para alén do seu magno perfil literario, foi activo membro das Irmandades da Fala, cofundador de Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega , cofundador (e presidente) do Partido Nazonalista Republicano de Ourense e do Partido Galeguista. Combinou perfectamente o seu perfil de intelectual co de activista político, que desde a tribuna, quer como conferenciante, quer como parlamentario, axudou a lle dar proxección social e prestixio ao nacionalismo galego. Otero secundarizaría a súa fe relixiosa fronte ao seu patriotismo, contribuíndo a minimizar a escisión da Dereita Galeguista que sufriu o PG, manténdose fiel ao partido.
Go to News Site