Nós Diario
Otero Pedraio, con Castelao e Suárez Picallo, representaban a tradición nacionalista galega, convencida da necesidade de aproveitar un novo réxime democrático para mudar a situación da Galiza. Defendeu unha República federal, cunha autonomía integral das distintas nacións, e a oficialidade plena para as súas linguas. Quedando a República en federábel, intentou Otero que proxectos de lei que afectaban Galiza se adecuasen á súa especificidade, para alén de atender problemas concretos (estradas, gradación do viño, folga ferroviaria de Ourense, cultura, patrimonio...). Preferiu, como deputado, a persuasión á agresividade dialéctica, sen padecer a claridade e firmeza nas demandas.
Go to News Site