Collector
Aldán despide a un veciño «comprometido» | Collector
Aldán despide a un veciño «comprometido»
Faro de Vigo

Aldán despide a un veciño «comprometido»

O pasado domingo finou no pobo de Aldán, Agustin Dacosta Hermelo, uns dos aldaneses máis comprometidos e abnegados que pariu este fermoso pobo mariñeiro. Loitador incansable por mantelo no mapa e darlle visibilidade, Agustín fixo de Aldán un pobo acolledor, humano e sociable, suliñando toda a sua riqueza cultural, social e paisaxística. Quen non se lembra dél como o gran presidente do Rápido Bahia para gloria de todos; daquela Fontaiña o noso gran estadio por aquela época, ubicado no medios dos pinos e eucaliptos, onde as gradas eran pedras, terra e toxos, onde cobrar as entradas era todo unha odisea, onde as taquillas eran catro tablas postas o pe dos camiños que cercaban o campo i é que o eterno presidente facia da necesidade virtude. Quen non se lembra das suas crónicas como colaborador daquel xornal chamado El Pueblo Gallego, alá polos anos 70, na que nos informaba das boas novas, nas que nos facia estar moi orgullosos cando nos veíamos reflectidos no xornal o dia das festas do Carme baixo unha firma que nos costaba Deus e axuda para descrifrala: Agdaer, pseudónimo no que se agochaba para termos informados.

Go to News Site