Faro de Vigo
Se nestes días procuran contido na plataforma Movistar +, unha das músicas que saltan no menú son os acordes de «Insolación», canción do novo disco de Fillas de Cassandra. O dúo vigués publica o 24 de abril «Tertúlia». Nel, volven levar a experimentación musical máis alá, co galego presente, e coa inclusión do amor por primeira vez. A música tradicional segue na base pero inclúen sons máis latinos ou africanos (quizomba incluído). O 9 de maio abren a xira en Pontevedra cun concerto que promete ser apoteósico. O tour levaraas ao estranxeiro. A República Checa agarda por elas. Parrafamos con Sara Faro e María Soa no FARO con ‘merendola incluída’ con patatillas Bonilla, Cola Cao, magdalenas integrais e galletas máis leite sen lactosa.
Go to News Site