Cope Zaragoza
Este venres, día 10 de abril, cúmprense 50 anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo. O Patriarca das Letras Galegas morreu o 10 de abril de 1976. Por ese motivo, este domingo, día 12, ás 10:30 terá lugar unha misa en honor a Ramón Otero Pedrayo na Catedral de Ourense oficiada polo Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, co acompañamento musical da Coral de Ruada. Posteriormente, ás 12 horas, haberá unha ofrenda floral ante o sepulcro do escritor no cemiterio de San Francisco. O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, explicaba nunha entrevista en COPE Ourense que a misa “será en galego coma no seu funeral que foi oficiado en 1976 polo Bispo de Ourense e coa presencia dos Bispos de Galicia”. Eduardo López Pereira destacou que estos dous vindeiros días, venres e sábado, terá lugar o Abril Oteriano en Santiago de Compostela dentro dos actos conmemorativos deste “Ano Oteriano”.
Go to News Site