Collector
Otero, un resistente nacionalista no franquismo [VII] | Collector
Otero, un resistente nacionalista no franquismo [VII]
Nós Diario

Otero, un resistente nacionalista no franquismo [VII]

O 18 de xullo 1936 todo mudou para Ramón Otero Pedraio. Situado no foco polos promotores do golpe de Estado pola súa militancia nacionalista e pola súa significación como dirixente dese movemento, comezou para el un novo tempo marcado pola represión, porén, non se rendeu. Converteu a súa vida nun exemplo de resistencia, propia de quen se move polo trunfo do ideal e non polo ideal do trunfo, nunha lección de dignidade, característica significativa daquel que non está disposto a asimilarse, nin de renunciar aos seus principios, nunha mostra de lealdade con aquilo que un día foi e que sabe que, máis tarde ou cedo, será. Foi un faro naquela longa noite de pedra, que deu luz ás novas xeracións que puxeron en pé nos primeiros anos 60 o nacionalismo galego.

Go to News Site