Nós Diario
María Peinado, escritora e dramaturga, é a autora de Maseira, o texto gañador da oitava edición do premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O premio está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra por Positivas. O xurado formábano por Ánxeles Cuña, Cristina Domínguez, María Torres, Roberto Pascual, e Manuel Xestoso –xornalista cultural en Nós Diario– como secretario.
Go to News Site