COPE
A Catedral de Ourense foi escenario da misa na honra de Ramón Otero Pedrayo no 50 aniversario do seu pasamento. Oficiada polo Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, contou co acompañamento musical da Coral de Ruada. O Bispo destacou a figura de Otero Pedrayo como Patriarca das Letras Galegas resaltando a súa vida persoal e profesional. Lembrou que o 10 de abril de 1976, fai medio século, celebrouse o funeral do escritor coa presencia do entón Bispo de Ourense e os Bispos de toda Galicia resaltando a intervención do padre Isorna. Tras esta misa, tivo lugar unha ofrenda floral ante o sepulcro do escritor no cemiterio de San Francisco. Nestes actos participaron o presidente do Parlamento da Galicia, Miguel Ángel Santalices; o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; o Director Xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes Carballada; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o tenente alcalde de Ourense, Aníbal Pereira Novoa; o deputado provincial, Rosendo Luís Fernández, en representación da Deputación; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o parlamentario nacional, Celso Delgado; parlamentarios autonómicos e concelleiros do Concello de Ourense de PP e PSOE; o alcalde de Amoeiro, José Luis González; e o alcalde de Cea, José Luis Valladares; e do delegado territorial; ademáis de amigos e membros do Padroado da Fundación Otero Pedrayo.
Go to News Site