Collector
Otero Pedraio, historiador [X] | Collector
Otero Pedraio, historiador [X]
Nós Diario

Otero Pedraio, historiador [X]

A obra escrita de Otero Pedraio á e propia dun polígrafo, pero nela sobranceou unha constante atención á historia social e cultural de Galicia. Como historiador levou a cabo unha obra inxente, marcada pola cesura da guerra civil. Nas décadas dos vinte e trinta, Otero foi un historiador capaz de construír unha idea de Galicia mediante libros tan poderosos como o Ensaio histórico ou romances con moitas lembranzas persoais ( Os camiños da vida, Arredor de si, O mesón dos ermos ) . Foi despois de 1936 cando as evocacións literarias deixaron paso ao emprego sistemático de fontes empíricas e bibliográficas. Esta viraxe marcou boa parte da súa obra de madurez, tanto en biografías moi logradas dedicadas a figuras como Domingo Fontán ou o Padre Feijoo , como na dirección da magna Historia da Galiza, editada na Galicia de alén-mar, co mecenado dos emigrados no río do Prata.

Go to News Site