Collector
Otero Pedraio: o espírito da Terra na Arte Galega | Collector
Otero Pedraio:  o espírito da Terra na Arte Galega
Nós Diario

Otero Pedraio: o espírito da Terra na Arte Galega

Otero Pedraio  definiuse sempre como unha pantasma do romantismo. Con aura de fondo sentimento panteísta, seguindo ao seu admirado bretón Chateaubriand, viviu plenamente o sentir decadentista que distingue a súa Xeración Nós: inadaptados, diferentes, de gusto exquisito polo clásico e o exótico. Sentir finisecular que tamén contaxiou os saudosistas lusos e que abre ao Modernismo, singularizando a persoa, as nacións, fronte á uniformización que supoñía a industria, o mercado. Así é que á ética e a estética de don Ramón, como a de Nós (plural e aristócrata) fundaméntase en dar continuidade á misión rexenerativa de Murguía: a renovación da arte, como posta en escena, das tradicións e desa sensibilidade que radica nos castros, no Románico, no Barroco. Castelao é o modelo.

Go to News Site