Nós Diario
No contexto das dinámicas do capitalismo contemporáneo, a tensión entre o industrial e o rural, a presión sobre os recursos e as mobilizacións sociais en defensa da terra configuran un escenario no que a fotografía de Damián Ucieda funciona como ferramenta de análise do territorio. O seu traballo de observación e seguimento permite examinar os efectos dos procesos produtivos, ambientais e sociais sobre as comunidades, situando estas alteracións —desde a central termoeléctrica das Pontes de García Rodríguez até as áreas ameazadas por proxectos extractivistas, como a sobreexplotación eólica nos montes galegos e a proxección da macrocelulosa Altri na comarca da Ulloa— nun contexto de crise ecosocial e de reflexión sobre as súas implicacións futuras.
Go to News Site