Nós Diario
Carlos Mella faleceu este 21 de abril aos 96 anos de idade. Xurista e economista de formación, foi unha peza chave da vida política galega nos primeiros anos do réxime autonómico. Nado na Estrada en 1930, xurista e economista de formación, profesor de Economía Política, director xeral de Política Financeira nos Gobernos de Adolfo Suárez, conselleiro de Economía e autor de libros de referencia no ámbito económico, analizou con precisión a realidade da economía da Galiza. Na súa última entrevista en Nós Diario defendeu a necesidade dun concerto económico para Galiza que lle dese ao país a chave dos seus cartos.
Go to News Site