Nós Diario
Lydia Pérez (Pontevedra, 1997) está agora mesmo no Campionato de Europa de Loita Sénior que decorren en Tirana (Albania), unha cita que reúne máis de 400 atletas de todo o continente. Hoxe, no Pazo dos Deportes Feti Borova da capital albanesa, estrearase na categoría de 57 kg após facelo o ano pasado en 62 kg. A nivel estatal, a deportista xa competiu neste peso. O exemplo máis recente foi na Copa da Raíña que gañou o pasado marzo.
Go to News Site