Collector
Contos de granito e lentura | Collector
Contos de granito e lentura
Nós Diario

Contos de granito e lentura

Baixo o título de “Contos de granito e lentura” xuntamos toda a narrativa breve de Ramón Otero Pedraio, na que se inclúen contos e novelas breves. Coa decisión de reservar un espazo específico para a narrativa breve, queremos poñer de relevo o seu protagonismo no campo literario galego do século XX así como a importante contribución de Otero ao seu desenvolvemento. Achegámonos aquí a un material narrativo abondo heteroxéneo: novelas breves, contos e relatos a medio camiño entre estas dúas categorías. Máis aínda, dentro das coleccións de contos achamos textos lírico-ensaísticos nos que a estrutura narrativa é case inexistente. Estamos diante dunha parte fundamental da obra oteriana, onde nacen e comezan a desenvolverse moitas das grandes intuicións do autor.

Go to News Site