Collector
Otero dramaturgo: Galiza como potencia e acción [XV] | Collector
Otero dramaturgo: Galiza como potencia e acción [XV]
Nós Diario

Otero dramaturgo: Galiza como potencia e acción [XV]

“Eu de teatro non sei nada”. Ou iso afirmaba Ramón Otero Pedraio, patriarca das letras galegas, a Manuel Lourenzo, patriarca do teatro galego. Consciente de que era fillo dunha época na que había que facelo todo porque todo estaba por facer, coa súa calidade literaria e o seu talento creativo, Otero abrazou os desafíos que presentaba o eido do teatro. Con Galiza sempre como protagonista e tamén como proxecto último, os seus traballos acadaron unha altura ética e estética que aínda espera unha lectura atenta e unha práctica escénica continuada no marco dun teatro nacional onde a figura oteriana sexa parte irrenunciable do seu repertorio.

Go to News Site