Faro de Vigo
Preto de cen alumnos e alumnas participaron este venres na Xornada de Convivencia que incluíu unha megaxincana con retos, xogos e actividades grupais e cooperativas. «É unha oportunidade para coñecerse, para poñerse cara e para gozar todos xuntos antes de coincidir no instituto o próximo curso», segundo o Concello. Despois do éxito de esta terceira edición, esta Convivencia converteuse xa nunha das actividades máis esperadas polo alumnado do último curso de primaria e nunha verdadeira oportunidade para interactuar e coñecerse antes de dar o paso á secundaria. Por iso, agradece a colaboración de todos os colexios de Poio.
Go to News Site