Collector
Otero Pedraio e o compromiso coa Galiza [XVIII] | Collector
Otero Pedraio e o compromiso coa Galiza [XVIII]
Nós Diario

Otero Pedraio e o compromiso coa Galiza [XVIII]

Ramón Otero Pedraio é o símbolo do galeguismo da posguerra no interior do noso país, continuador do pensamento de Castelao e representante máximo da galeguidade tras o pasamento do guieiro do nacionalismo galego. A súa función principal tras 1950 foi a de exercer de ponte entre diversas xeracións e transmitir o amor por Galiza e o compromiso coa terra entre a mocidade universitaria. A súa valentía política, co emprego da nosa lingua nos anos do franquismo en ámbitos onde o seu uso estaba desterrado, e o seu optimismo por acreditar en que a xente nova podía chegar a levar a nosa terra onde a súa xeración non conseguira facelo convertérono en merecente dun profundo recoñecemento social, acompañando como referente personalidades como Rosalía ou Castelao.

Go to News Site