Collector
A propósito dun conto | Collector
A propósito dun conto
Faro de Vigo

A propósito dun conto

Comecemos por lembrar que o premio O. Henry é un dos galardóns máis prestixiosos aos que pode aspirar un escritor de contos. Nos seus inicios, alá por 1919, estaba orientado aos escritores e ás escritoras do mundo anglosaxón, pero desde 2021 tamén se lle concede a textos traducidos ao inglés. E este ano, un dos galardoados foi Ismael Ramos, o primeiro escritor en lingua galega e, asemade, o primeiro cidadán do estado español en facerse con el. Conseguiuno a unha idade envidiablemente temperá, aos 32 anos, e cun conto pertencente ao seu primeiro e único libro de narrativa: A parte fácil, publicado por Xerais en 2023.

Go to News Site