Nós Diario
O palestino Basim Khandaqji será recoñecido como o Escritor Galego Universal 2026 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Unha homenaxe que terá lugar no marco da gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego, prevista para o vindeiro 9 de maio en Santiago de Compostela. Tras 21 anos nunha prisión israelí, Khandaqji foi liberado. Antes, aínda na cadea, escribiu a novela Unha máscara da cor do ceo , que recibiu o Premio Internacional de Ficción Árabe. Sen a posibilidade de volver a Palestina, conversa con Sermos Galiza desde Exipto.
Go to News Site