Nós Diario
A editora Catro Ventos vén de presentar Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas , o primeiro libro contra a gordofobia con perspectiva galega. Trátase dunha obra colectiva que reúne as achegas de 19 autoras e autores que abordan esta temática desde diferentes perspectivas e diferentes formas. A obra, coordinada por Andrea Nunes e Leticia Citoula, foi financiada por unha exitosa campaña de micromecenado coa que, en días, foron cubertos os gastos de edición ao completo.
Go to News Site