Collector
A XXXV Festa do Muíño de Fausto, en Coiro (Cangas) | Collector
A XXXV Festa do Muíño de Fausto, en Coiro (Cangas)
Faro de Vigo

A XXXV Festa do Muíño de Fausto, en Coiro (Cangas)

Van xa 35 anos de festa ao redor do Muíño de Fausto, en Coiro. Tres décadas e media de «traballo heroico», como o definiu o pregoeiro desta edición, o músico e mestre tradicional Guillerme Ignacio Costa. «Unha labor necesaria froito desa vontade de organizarse para dar pulo ao patrimonio local e facer medrar o orgullo do propio», afirmou desde un escenario que coñece ben. Alí estivo no ano 2001 coas súas alumnas de canto tradicional do grupo Manxadoira e en dúas ocasións co grupo Quempallou. Ese extenso coñecemento ao redor da tradición de transmisión oral foino debullando ao longo dun pregón que, como non podía ser menos, estivo cheo de coplas, cantigas e historias enfariñadas ao redor do muíño.

Go to News Site